NO SE PUEDE VIVIR SIN AMAR
la luz de los ciegos

Home
Blog
cuarta poes¿a salvaxe
del comedor de piedras
coños
astillas
postales de humo
tras el futbolin
Guestbook
Photos
poesía salvaxe nas ruas














Blog


MILITANCIA, de Manuel Cend?n

Posted by karlottti on June 22, 2010 at 10:55 AM



MILITANCIA Manuel Cendán* Felipe González en 1993 dixo que entendera a mensaxe. Non foi así. Nomeou a Solbes ministro, e pactou con CiU unha política plenamente neoliberal, sen concesións. Déficit cero e Pacto de Estabilidade. En 1996 os votantes socialistas máis á esquerda quedaron na casa. Aznar gobernou co apoio de CiU. Nunha acción conxunta dos tiburóns financeiros e da dereita europea dobregaron a Zapatero, e agora escríbenlle o plan de axuste.

Foron axudados polo sector neoliberal do PSOE, Felipe incluído. Agora este último reclama militancia pura e dura. Leninismo neoliberal. Aínda que para si, Felipe sempre reclamou a heterodoxia socialista. Quizais, por aquelo que dicía Bensaïd: “A miúdo hai máis fidelidade política na infidelidade crítica”. Eu tamén reclamo a mesma heterodoxia.

O plan de axuste e a reforma laboral coloca ao PSOE onde quere o PP. Estamos abocados a afondar na crise coas medidas que queren os que a provocaron. Necesitamos un xiro á esquerda. Banca pública e nacionalización das empresas enerxéticas, participación dos traballadores na xestión das empresas, loita contra a fraude e por unha progresividade fiscal. Democracia económica. Peche da Bolsa. As pequenas e medias empresas non se financian así, nin sequera as grandes, que acaban recorrendo á banca tradicional. A Bolsa só serve para especular, espoliar e atacar os dereitos dos cidadáns. Usura depredadora. Militancia pura e dura, si. Pero, para defender a nosa base social, a democracia e o socialismo.


Categories: None

Post a Comment

Oops!

Oops, you forgot something.

Oops!

The words you entered did not match the given text. Please try again.

Already a member? Sign In

0 Comments



© 2006 All Rights Reserved.

Start a Free Blog at Webs.com